viernes, 6 de marzo de 2009

Novo libro do miniclube. LOS MEJORES RELATOS DE CIENCIA FICCIÓN



O noso novo libro de lectura é unha antoloxía de relatos curtos de ciencia ficción.


Os grandes mestres do xénero adiantanse ao futuro, á vez que realizan unha profunda reflexión sobre a sociedade contemporánea.


O imos ler de tres en tres contos, xa que son nove.

Próximamente achegaremos información do texto.


H.G Wells mostrou no conto “El nuevo acelerador” que se percibísemos a distinta velocidade, o universo podería resultarnos moi diferente. Agora podemos entender o que Wells anticipaba grazas ás cámaras que reproducen a realidade a altas e a baixas velocidades. Podemos ver nuns segundos unha acción que durou tres horas.


Podemos ver tamén en apenas un instante amencer, atardecer, anoitecer e amencer de novo. A situación que lemos no conto é xusto a contraria. Os personaxes poden observar o mundo coma se fose a cámara superlenta, pero eles móvense a unha velocidade normal. É curioso o problema que teñen, que por certo non volo imos contar. Mellor o ledes.


No hay comentarios: