viernes, 31 de octubre de 2008

Alá imos!!

Xa comenzou a aventura! E algúns de vós xa tivéchedes a primeira reunión. Qué vos pareceu? Gostaríanos que deixarades algún comentario sobre as lecturas que estades a facer. Para quen non o saiba e teña dúbidas para xuntarse con nós aí tedes as obras coas que imos disfrutar (non traballar, que quede claro).


"El niño del pijama de rayas" para o grupo do segundo ciclo da ESO coa nosa amiga Elba. Aproveitando que xa saiu a versión cinematográfica, teremos dúas visións da historia: a que nós mesmos temos ao ler o libro e o da película que imos ver.

"A noite d'o risón" para os do primeiro ciclo. Non é unha lectura sinxela, pero coa axuda do noso amigo Quique será doado, xa veredes (agora só falta que nos cheguen os exemplares que encargamos).

No hay comentarios: