viernes 6 de noviembre de 2009

XA ESTAMOS OUTRO CURSO LENDO E COMPARTINDO
DESTA VEZ TEMOS TRES CLUBES AO TEMPO.
O PRIMEIRO CICLO DE ESO VAI INICIAR A SÚA ANDAINA CO LIBRO
"O LABORATORIO DO DOUTOR NOGUEIRA" DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
DE EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

O SEGUNDO CICLO DE ESO VAI LER "ANAGNÓRISE" DE Mª VICTORIA MORENO
DA EDITORIAL GALAXIA


E A SORPRESA DESTE ANO VEN CO NOVO CLUBE DE LECTURAS CIENTÍFICAS,
DE TAL XEITO QUE O GRUPO ESTÁ A LER VARIOS LIBROS SOBRE CIENCIA, ENTRE ELES O LIBRO "COSMOS DE CARL SAGAN"

viernes 24 de abril de 2009

Antología 'Los mejores relatos de terror llevados al cine'


Iniciamos unha nova lectura cunha antoloxía de relatos de terror.

Trátase de 6 relatos de terror dos séculos XIX e XX que foron levados ao cine.

Comezaremos lendo o relato "Los ladrones de cadáveres", de Stevenson.

Xa vos deixaremos comentarios.

miércoles 18 de marzo de 2009

DESERCIÓN DE CLIFFORD. SIMAK


Neste relato vemos a adaptación biolóxica do home para colonizar Xúpiter. Neste caso atopámosnos cun científico, que está intentando atopar a forma de vida axeitada para colonizar Xúpiter. Para ese efecto vai mandando a algúns homes, que previamente sométense a un proceso de cambio biolóxico. Cunha máquina converte ós homes en "galopantes".

E ata aquí podemos contar. A verdade é que o autor provoca no lector unha autocrítica do noso mundo.

jueves 12 de marzo de 2009

El ruido de un trueno de Ray Bradbury


Neste conto, publicado por primeira vez no ano 1952, ten moitas cousas que merecen a pena. Soamente as vamos a citar para darvos un pouco de intriga:

- máquina para viaxar a través do tempo

- cacería de dinosaurios

- efecto mariposa

O conto aparece posteriormente en cómic, debuxos animados, e mesmo tamén foi guión para unha película estreada no ano 2005.

Deixamos un par de enlaces para consultar:

Exilio de Edmond Hamilton


Neste segundo relato, que por certo é moi corto, poidemos comprobar como o autor é un verdadeiro maestro na tensión e a sorpresa.

Engadimos un enlace a un blog onde falan do autor.



viernes 6 de marzo de 2009

Novo libro do miniclube. LOS MEJORES RELATOS DE CIENCIA FICCIÓN



O noso novo libro de lectura é unha antoloxía de relatos curtos de ciencia ficción.


Os grandes mestres do xénero adiantanse ao futuro, á vez que realizan unha profunda reflexión sobre a sociedade contemporánea.


O imos ler de tres en tres contos, xa que son nove.

Próximamente achegaremos información do texto.


H.G Wells mostrou no conto “El nuevo acelerador” que se percibísemos a distinta velocidade, o universo podería resultarnos moi diferente. Agora podemos entender o que Wells anticipaba grazas ás cámaras que reproducen a realidade a altas e a baixas velocidades. Podemos ver nuns segundos unha acción que durou tres horas.


Podemos ver tamén en apenas un instante amencer, atardecer, anoitecer e amencer de novo. A situación que lemos no conto é xusto a contraria. Os personaxes poden observar o mundo coma se fose a cámara superlenta, pero eles móvense a unha velocidade normal. É curioso o problema que teñen, que por certo non volo imos contar. Mellor o ledes.


viernes 31 de octubre de 2008

Alá imos!!

Xa comenzou a aventura! E algúns de vós xa tivéchedes a primeira reunión. Qué vos pareceu? Gostaríanos que deixarades algún comentario sobre as lecturas que estades a facer. Para quen non o saiba e teña dúbidas para xuntarse con nós aí tedes as obras coas que imos disfrutar (non traballar, que quede claro).


"El niño del pijama de rayas" para o grupo do segundo ciclo da ESO coa nosa amiga Elba. Aproveitando que xa saiu a versión cinematográfica, teremos dúas visións da historia: a que nós mesmos temos ao ler o libro e o da película que imos ver.

"A noite d'o risón" para os do primeiro ciclo. Non é unha lectura sinxela, pero coa axuda do noso amigo Quique será doado, xa veredes (agora só falta que nos cheguen os exemplares que encargamos).