miércoles, 18 de marzo de 2009

DESERCIÓN DE CLIFFORD. SIMAK


Neste relato vemos a adaptación biolóxica do home para colonizar Xúpiter. Neste caso atopámosnos cun científico, que está intentando atopar a forma de vida axeitada para colonizar Xúpiter. Para ese efecto vai mandando a algúns homes, que previamente sométense a un proceso de cambio biolóxico. Cunha máquina converte ós homes en "galopantes".

E ata aquí podemos contar. A verdade é que o autor provoca no lector unha autocrítica do noso mundo.

jueves, 12 de marzo de 2009

El ruido de un trueno de Ray Bradbury


Neste conto, publicado por primeira vez no ano 1952, ten moitas cousas que merecen a pena. Soamente as vamos a citar para darvos un pouco de intriga:

- máquina para viaxar a través do tempo

- cacería de dinosaurios

- efecto mariposa

O conto aparece posteriormente en cómic, debuxos animados, e mesmo tamén foi guión para unha película estreada no ano 2005.

Deixamos un par de enlaces para consultar:

Exilio de Edmond Hamilton


Neste segundo relato, que por certo é moi corto, poidemos comprobar como o autor é un verdadeiro maestro na tensión e a sorpresa.

Engadimos un enlace a un blog onde falan do autor.



viernes, 6 de marzo de 2009

Novo libro do miniclube. LOS MEJORES RELATOS DE CIENCIA FICCIÓN



O noso novo libro de lectura é unha antoloxía de relatos curtos de ciencia ficción.


Os grandes mestres do xénero adiantanse ao futuro, á vez que realizan unha profunda reflexión sobre a sociedade contemporánea.


O imos ler de tres en tres contos, xa que son nove.

Próximamente achegaremos información do texto.


H.G Wells mostrou no conto “El nuevo acelerador” que se percibísemos a distinta velocidade, o universo podería resultarnos moi diferente. Agora podemos entender o que Wells anticipaba grazas ás cámaras que reproducen a realidade a altas e a baixas velocidades. Podemos ver nuns segundos unha acción que durou tres horas.


Podemos ver tamén en apenas un instante amencer, atardecer, anoitecer e amencer de novo. A situación que lemos no conto é xusto a contraria. Os personaxes poden observar o mundo coma se fose a cámara superlenta, pero eles móvense a unha velocidade normal. É curioso o problema que teñen, que por certo non volo imos contar. Mellor o ledes.