domingo, 11 de mayo de 2008

Novo libro para o Clube


A nova obra coa que imos traballar e disfrutar ( sobre todo disfrutar) é "Ollos de auga" de Domingo Villar.
Protagonizada polo inspector Caldas, un personaxe co que axiña se han familiarizar lectores e lectoras, esta obra salienta por combinar suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humor nas doses precisas que esixe o xénero negro.
E ata aquí podemos ler. Xa veredes!
O martes dicimosvos cando e onde é a próxima reunión na que vos daremos os exemplares da obra.

Pois vai ser que non


A miña capacidade tecnolóxica non dá para tanto, non son quen de baixar o video da repotaxe da que vos falei. Así que imos facelo de xeito sinxelo, de andar por casa.

A dirección do video en cuestión é a seguinte:


lunes, 5 de mayo de 2008

Benvidos a "Leixaprén"

Benvidos ao Blog do Club de Lectura "Leixaprén" do IES As Telleiras. A partir de agora teredes aquí todas as novas do club.
A última actividade que levamos a cabo foi a asistencia á obra de teatro "La señorita Julia" no Jofre. Xa falamos dela no Blog da Bibliotelleiras e non nos imos repetir ( falar por falar é tontería, non?).
Aquí tedes unha pequena reportaxe emitida por Telemadrid con motivo da estrea da obra.