jueves, 3 de diciembre de 2009

O laboratorio do doutor Nogueira. Agusín Fernández Paz. Xerais

Nesta noveliña cóntase a historia do doutor Nogueira, quen, debido ás persecucións de que é obxecto por parte doutros científicos, oculta a súa identidade baixo o nome de Alfredo da Silva. O doutor agóchase nunha casa para continua-las investigacións coa axuda inestimable de Rosa e coa intención de facilitarlle a vida á xente.
Deste xeito inventa un crecepelo para calvos, unha apócema que estimula a capacidade para expresarse en público, un medicamento co que pretende elimina-lo racismo convertendo ás persoas de cor en brancos e unhas agullas para elimina-los malos recordos. Rosa, que é consciente da brillantez do doutor, decide poñer por escrito tódolos seus inventos.
Espero que aos nosos socios do clube lles guste ...

Imos falar un pouco do ilustrador da novela: Fran Bueno (Francisco Bueno Capeáns).
Debuxante e ilustrador compostelán
Foi o primeiro autor galego en traballar profesionalmente no sector comercial do cómic estadounidense. Os seus primeiros traballos apareceron en publicacións como "Totem", "Frente Comixario", "Diario16", "Elipse" ou "Conciencia Planetaria".
Se queredes saber máis podes entrar neste enlace

http://www.culturagalega.org/bd/autores_detalle.php?letra=b&Cod_prsa=10
Aquí tedes tamén algunha mostra dos seus debuxos












Xa contaremos un pouco sobre as nosas xuntanzas